TEMA2_BLOQUE 1:DESEÑO CAD 2D

 ACTIVIDADE 3: CREAR SÍMBOLOS.

Teoría nova:
- Forzar cursor a puntos de Referencia en obxetos
- Crear capas
- Acotar
- Copiar
- Recortar e Alargar
- Debuxar círculo coñecido:
      1. Centro, Radio 
      2.  Centro, Diámetro
      3. 2 puntos polos que pasa
      4. 2 puntos de tanxencia polos que pasa e o seu Radio
      5. 3 puntos de tanxencia polos que pasa

Exercicio: Debuxar os símbolos do exercio 6.1 da páxina 35 do seguinte titorial de autocad con exercicios

O debuxo no teu documeto de autocad quedará exactamente así:
Tes que:
0. Crear novo documento con plantilla AcadIso.
00. Gardar co nome ACT3_Simbolos
1. Crear 3 capas co seguinte formato: 
       - LIÑAS AUXILIARES: groso de liña 0,15
       - ARISTAS: groso 0,5
       - COTAS: groso 0,15, cor azul
2.- Primeiro crear o debuxo con elementos auxiliares
3.- Duplicar o debuxo. Suprimir e/ou Recortar elementos auxiliares. Seleccionar e cambiar as liñas á capa de ARISTAS (para que adquiran maior groso).
4.- Engadir texto con tamaño 10.  

Teoría: Engadir texto.
Clic sobre flecha inferior no botón de Texto na barra de ferramentas superior e seleccionar texto de"unha linea". Na linea de comandos indícasenos:
1/ "Precise punto inicial...": facemos clic no punto de inserción desexado.
2/ "Precise altura <2.500>": por defecto sae de 2,5 mm. Enter para aceptala ou escribir altura desexada.
3/ "Precise ángulo de rotación de texto <0>": por defecto é 0 graos. Enter para aceptalo ou escribir ángulo desexado.
4/ Escribir texto. 
5/ 2 Enter para rematar.
6/ Para mover o texto a outro sitio: 
     - clic botón esquerdo para selecionalo
     - clic botón esquerdo e sen soltalo arrastrar á nova ubicación
7/ Para editar o texto: doble clic sobre el co botón esquerdo

DATA DE ENTREGA: 
    GRUPO C: 17/10/25, vía Drive
    GRUPO BD: 20/10/25, vía Drive


ACTIVIDADE DE AMPLIACIÓN 1: PEZAS EN ISOMÉTRICA.

Con todas as asistencias ó debuxo de autocad activadas, debuxar as pezas seguintes en perspectiva isométrica. Gardar co nome "ACT_AMPL1_PEZAS_ISOMÉTRICA".







NOTA: As actividades de ampliación serán feitas durante a clase por aqueles alumn@s que rematen as actividades propostas. Se non se remata durante unha clase continuar noutra clase cando sobre tempo e despois de avisar ó profesor. Entregaranse vía Drive cando estén rematadas e subirá a nota.


ACTIVIDADE 4: CREAR PLANTILLA CON LÁMINA DE DEBUXO A4 E CAIXETÍN CON ATRIBUTOS




0 Gardar documento en formato de plantilla de autocad, extensión dwt, co nome PLANTILLA_CAIXETIN_A4.

1 Activar modo de debuxo Ortogonal.

2 Debuxar rectángulo coas medidas dun DIN-A4 (210x297).

3 Coa ferramenta de Desfase crear liñas paralelas interiores para marxes do debuxo (marxe esquerda 20 mm, o resto a 5).

4 Crear cajetín coas medidas indicadas. Debuxar algunha liña de partida e despois duplicar paralelas coa ferramenta de Desfase.


5 Crear textos fixos con estilo por defecto e con tamaños de 1.5 (DATA COMEZO, DATA FIN, ESCALA, MATERIA), con tamaño de 2 (ALUMNA/O:, NOME DEBUXO:), con tamaño de 3 (o teu nome) e con tamaño de 4 (IES MIRAFLORES).

6 Desactivar botón de "Fozar cursor a puntos de referencia 2D".
Dende o menú Insertar definir Atributos para crear textos non fixos (que cambiarán según o exercicio que fagamos). Seleccionar opción de “Precisar en pantalla" para o Punto de inserción, altura de texto 2.5. Especificar para cada atributo os items de:
- "identificador" (é como se mostrará no debuxo ó crear o atributo: DATACOM, DATAFIN, MATERIA, ESCALA, NOMEPLANO), 
-"solicitude" (o que nos pedirá cando saia o cadro de inserción: DATA COMEZO, DATA FIN, MATERIA, ESCALA, NOME PLANO) e
- "por defecto" (o valor que sairá asignado a este atributo se non se lle da ningún: 00/00/0000, 00/00/0000, DEI3D, E-1/1, PLANO SEN Nº).

7 Dende o menú Insertar Crear un Bloque con todos os Atributos. Porlle como nome ATRIBUTOS CAIXETIN, en Obxectos clic en Designar obxectos e seleccionar os 5 atributos. Aceptar e finalmente indicar como punto base de inserción a esquina inferior dereita.

8 Eliminar os 5 atributos creados (para que non se dupliquen no seguinte paso).

9 Para probar, Insertar o bloque creado dende o menú Inserción/Insertar/seleccionar o bloque polo seu nome. Verás que che pide o punto de inserción e o valor para os distintos atributos. Modifica algún atributo, por exemplo engade a data actual.

10 Elimina o bloque de atributos creado e insértao de novo co valor por defecto dos atributos. Agora cando fagamos unha nova actividade, ó comezala eliminarémolo e insertaremos de novo o  bloque cos datos actualizados.

11 Crear 3 capas co seguinte formato: 
       - LIÑAS AUXILIARES: groso de liña 0,15
       - ARISTAS: groso 0,5
       - COTAS: groso 0,15, cor azul

12 Gardar documento en formato de plantilla de autocad, extensión dwt, co nome PLANTILLA_CAIXETIN_A4.

NOTA: https://autocadparatodos.blogspot.com/2016/04/CajetinAtributos.html

DATA DE ENTREGA: 
    GRUPO C: _/10/25, vía Drive
    GRUPO BD: _/10/25, vía Drive

ACTIVIDADE 5: PEZA SIMPLE
Exercicio: Debuxar a peza simple do exercio 6.2 da páxina 36 do seguinte titorial de autocad con exercicios

O debuxo no teu documeto de autocad quedará así:
    


Tes que:
0.-  Abrir a plantilla "PLANTILLA CAJETÍN A4"
1.- Gardar co nome ACT5_PezaSimple  en formato dwg. Así a plantilla .dwt queda intacta.
2. (NON FACER porque xa se engadiron na plantilla) Crear 3 capas co seguinte formato: 
       - LIÑAS AUXILIARES: groso de liña 0,15
       - ARISTAS: groso 0,5
       - COTAS: groso 0,15, cor azul
3.- Debuxar dentro das marxes da nosa lámina A4.
4.- Encher o caxetín coa información actualizada: data de hoxe, escala: E-1:1, PLANO Nº 4, ... (antes borrar os valores por defecto e insertar o bloque "Atributos caixetín").
5.- Primeiro crear o debuxo con elementos auxiliares
6.- Debuxar círculos coa opción de puntos de tanxencia e tamén algunha liña que sexa tanxente a un círculo (Opción1: activa "tangente" en botón de referencia a obxectos. Opción 2: escribe como punto polo que vai pasar a liña "tan").
4.- Duplicar o debuxo. Suprimir e/ou Recortar elementos auxiliares. Seleccionar e cambiar á capa de ARISTAS (para que adquira maior grosor).

DATA DE ENTREGA:  vía Drive. Entregar so o arquivo con extensión .dwg.
    GRUPO C: 07/11/25, 
    GRUPO BD: 06/11/25, 

ACTIVIDADE 6: TRAMA 1.
Teoría nova:
- Traballar a partir dunha plantilla 
- Debuxar hexágono inscrito en círculo coñecido
- Crear bloque 

Exercicio: Debuxar a trama do exercio 6.3 da páxina 37 do seguinte titorial de autocad con exercicios.
 
O debuxo no teu documeto de autocad quedará así:


 Tes que:
0. Abrir a plantilla "PLANTILLA CAXETÍN A4"
1. Encher o caxetín coa información actualizada: data de hoxe, escala: E-1:1, PLANO Nº 6: TRAMA 1, ...
2. Gardar co nome Exer6_Trama1 en formato dwg
3. Facer o debuxo con elementos auxiliares fora da lámina, nas capas de liñas auxiliares e de cotas.
4.- Duplicar o debuxo. 
5.- Para duplicar múltiples veces a argolla ou o elemento que se repite na trama pódese facer:
      - Opción 1: Copiar e despois Xirar (ángulo = 360/(nº de argollas))
      - Opción 2: máis rápida, crear un Bloque coa argolla. Para duplicar Insertar o bloque e xiralo (teclear G para dar o ángulo de xiro).
6.- Suprimir e/ou Recortar elementos auxiliares. Selecionar e cambiar á capa de ARISTAS (para que adquira maior groso). Colocar o debuxo resultante dentro da lámina.

7.- Engadir texto con tamaño 10 ("Debuxo con elementos auxiliares"; "Debuxo resultante").

DATA DE ENTREGA: 0/0/25, vía Drive

Comentarios